evaporación
Cambio de estado de líquido a vapor, a unha temperatura inferior ao punto de ebulición. Xunto á condensación, é un dos principais procesos termodinámicos que teñen lugar na atmosfera, implicando unha gran cantidade de calor. Por cada gramo de auga líquida que se evapora, absórbense do aire da orde de 600 calorías. Esta é a enerxía calorífica requirida para que ese gramo de auga se transforme en vapor.
Termos relacionados: calor latente
Tamén coñecido como: vaporización, vaporación