calor latente
Cantidade de calor que libera ou absorbe a unidade de masa dun corpo ou substancia ao cambiar de estado. Na atmosfera, prodúcense importantes transferencias de calor latente debidas aos cambios de fase da auga contida nela. Por cada gramo de auga que se condensa, libéranse ao aire 540 calorías (en números redondos), que contribúen a quentalo. Esa mesma cantidade de calor absórbese do aire cando ten lugar a evaporación dos hidrometeoros. Nos procesos de formación de nubes e de precipitación, a cantidade de calor latente posta en xogo é moi grande, dadas as enormes cantidades de vapor de auga que se transforman en pingas, gotas e cristais de xeo. As transferencias de calor latente na conxelación (paso de auga líquida a xeo) e a fusión (paso de xeo a auga líquida), son bastante menores (80 calorías por gramo).
Termos relacionados: condensación, evaporación, condensación