inestabilidade

Referida á atmosfera, representa un estado de non equilibrio hidrostático. Cando hai inestabilidade atmosférica, calquera burbulla de aire que se ve forzada a desprazarse levemente na vertical, tende a ascender libremente, sen freo, na medida en que vai atopándose, en todo momento, cun aire máis denso que o contido nela. A presenza de aire máis frío do normal nos niveis medios e altos da troposfera favorece os ascensos de aire e a formación de nubes de desenvolvemento vertical que culminan, ás veces, en tormentas. É necesario que haxa un importante grao de inestabilidade atmosférica para que poidan chegar a formarse. Contribúen tamén a iso diferentes mecanismos de orixe mecánica e térmica, como a converxencia de ventos en superficie, os forzamentos orográficos ou o quecemento do chan por insolación.