insolación
Cantidade de radiación solar directa que incide por unidade de superficie nun nivel dado. Adoita estar referida á radiación que chega ao cume da atmosfera ou á que acada a superficie terrestre. Exprésase en W/m2 e depende da constante solar, da época do ano, da latitude e do grao de transparencia do aire. O termo tamén se pode referir á intensidade ou cantidade de radiación solar total (directa + difusa) incidente por unidade de superficie horizontal, así como ás horas de sol; o que en Meteoroloxía equivale ao tempo en que, ao longo dun día, loce o sol sen ser tapado polas nubes.
Termos relacionados: heliógrafo