Índice de Precipitación Estandarizado

Índice normalizado usado en Climatoloxía principalmente como indicador de seca, que para un lugar dado expresa a probabilidade de ocorrencia dunha determinada cantidade de choiva, con base na climatoloxía desa variable meteorolóxica. Coñécese internacionalmente pola sigla SPI (Standarized Precipitation Index).