era glaciar

Nome que recibe o período prolongado de tempo, inferior ao dunha era xeolóxica, no que diminúe de forma notable a temperatura global da Terra, o que dá lugar a un aumento na extensión dos mantos de xeo e os glaciares, con presenza dos dous casquetes polares e unha marcada expansión dos mesmos. As eras glaciares englobam á súa vez períodos máis fríos (glaciacións), separados por outros máis temperados (interglaciais). Na actualidade, estamos vivindo un deles -o Holoceno-, que se iniciou ao remate da última glaciación (Würm), hai uns 12000 anos. Estamos, por tanto, inmersos nunha era glaciar, algo que resulta pouco intuitivo. É moi común identificar unha glaciación ou idade de xeo cunha era glaciar.