aire

Por riba de calquera outra consideración, é, xunto á auga, un dos fluídos que posibilitan a vida na Terra. Conxunto de gases que constitúen a atmosfera. Devandita mestura gasosa está formada por tres compoñentes principais: o nitróxeno (N2), o osíxeno (O2) -ambos os dous na súa forma molecular (diatómica)- e o argón (Ar), cuxas proporcións se manteñen constantes na baixa atmosfera e en parte da superior (ata uns 80 quilómetros de altitude, homosfera). A pequena abundancia do argón fronte á do nitróxeno e o osíxeno convérteo, por definición, nun gas traza. En calquera mostra de aire que tomemos, algo máis do 99 % do seu volume ocúpano eses tres gases (N2 –78 %, O2–21 %, Ar–0,9 %, en números redondos), mentres que o resto está constituído por gases traza -de proporcións moi variables-, como o vapor de auga, o ozono, o dióxido de carbono, o metano ou o óxido nitroso, entre outros, aparte de minúsculas partículas sólidas e líquidas en suspensión de distinta natureza (aerosois). Con frecuencia, úsanse indistintamente os termos aire e atmosfera, e tamén é bastante común identificar o aire co vento.

Termos relacionados: argon