raio
Principal manifestación da natureza eléctrica da atmosfera. Electrometeoro que consiste nunha intensa descarga eléctrica, cuxa orixe e destino poden ser unha nube de tormenta e a superficie terrestre (raio nube-terra), dúas nubes de tormenta (raio nube-nube), a nube tormentosa e unha zona de ceo claro (raio nube-aire) ou dúas zonas do interior do cumulonimbo (raio intranube). A maior parte dos raios que impactan en terra transportan cargas negativas, procedentes na súa maioría da zona inferior do cumulonimbo, onde tenden a acumularse. O raio, tamén coñecido como centella ou centellón, segue habitualmente unha traxectoria sinuosa polo aire, presentando numerosas ramificacións que, na súa maioría, parten da canle por onde discorre a descarga principal. O raio discorre por onde o aire está máis ionizado e hai unha menor resistencia eléctrica. Leva asociados dous meteoros eléctricos: o relampo (destello luminoso) e o trono (son). É habitual identificar o raio co relampo e consideralos sinónimos.
Termos relacionados: culebriña, pararraios, aparello eléctrico
Tamén coñecido como: descarga eléctrica