raio verde
Fenómeno óptico atmosférico moi fugaz -de apenas un ou dous segundos de duración- e difícil de observar, consistente nun destello de cor predominantemente verde, aínda que ás veces é azulado, que emerxe do bordo superior do disco solar, lunar ou dun planeta, xusto no momento en que desaparece baixo o horizonte terrestre ou cando xorde por riba del. As condicións óptimas para logralo observar conséguense se o aire está moi calmo, sen apenas turbulencia atmosférica, e nos situamos nun lugar elevado, preferentemente fronte a un horizonte mariño.