aerosol(es)

Partículas sólidas ou líquidas en suspensión na atmosfera. En sentido estrito, o gas no que están inmersos eses elementos tamén constitúe o aerosol. O uso do singular ou plural é indistinto, aínda que está máis estendido este último. Os aerosois son de natureza e tamaños moi variables (microscópicos en todos os casos) e a súa permanencia no aire pode chegar a reducir a visibilidade. A súa orixe pode ser natural (cinzas volcánicas, po desértico, nubes de pole…) ou antropoxénica (queima de combustibles fósiles, residuos industriais…). En ambos os dous casos, interveñen nos procesos de formación das nubes -actuando como núcleos de condensación- e inflúen no sistema climático, tanto por esa relación directa -á par que complexa- coa cobertura nubosa, como polo papel que desempeñan no balance enerxético terrestre.

Termos relacionados: aguaceiro, chuvasco