punto de fusión

Temperatura á que unha substancia en estado sólido pasa a estado líquido. O seu valor coincide co do punto de conxelación. Se pensamos en xeo puro, a 0 ºC e unha presión dunha atmosfera convértese en auga líquida. A diferenza do que ocorre con esta última, que é capaz de manterse como tal a temperaturas por debaixo do punto de conxelación, no caso do xeo, non é posible mantelo en estado sólido se a temperatura é superior aos 0 ºC, xa que toda a calor extra achegada se emprega no cambio de fase.