xeosmina

Substancia química producida pola bacteria Streptomyces coelicolor e algunhas cianobacterias e fungos presentes no chan, que se libera ao aire cando a terra se humedece. É a principal responsable do recendo característico da choiva cando cae sobre un chan seco. O impacto das pingas contra el provoca a incorporación á atmosfera das substancias olorosas que percibimos. O termo procede do grego antigo e significa «aroma da terra».

Termos relacionados: petricor