petricor
Palabra que significa literalmente «esencia de rocha» e que describe o cheiro da choiva cando cae sobre un chan seco, o que popularmente se coñece como cheiro a terra mollada. O termo foi proposto en 1964 por un par de xeólogos australianos, que relacionaron dito cheiro coa exudación dunha substancia oleosa por parte de determinadas plantas, ao estaren sometidas ao estrés hídrico que impón unha seca. Ese aceite queda absorbido nas superficies das rochas e nos terreos arxilosos e cando chove libérase ao aire, xunto a outras substancias odoríferas como a xeosmina, o que dá como resultado o característico cheiro da choiva.
Termos relacionados: xeosmina