gases de efecto invernadoiro
Gases traza presentes na atmosfera, de orixe natural ou antrópica, que absorben e emiten, en determinadas lonxitudes de onda, parte da radiación emitida pola superficie terrestre, as nubes e a propia atmosfera, o que dá lugar ao efecto invernadoiro. Destacan entre eles os que se coñecen como primarios, que son o vapor de auga (H2 O) -o máis abundante, pero de proporcións moi variables-, o dióxido de carbono (CO2 ), o metano (CH4 ), o óxido nitroso (NO2 ) e o ozono (O3 ). Á parte dos anteriores, existe unha longa lista de gases producidos exclusivamente polas actividades humanas, como os hidrofluorocarburos (HFC), perfluorocarburos (PFC) e o hexafluoruro de xofre (SF6 ). Tanto a eficacia como a abundancia dos distintos gases de efecto invernadoiro varían moito duns a outros. Tamén presentan distintos tempos de permanencia na atmosfera.
Termos relacionados: efecto invernadoiro