gas traza
Gas presente na atmosfera nunha proporción variable e en pequenas cantidades relativas, sempre por debaixo do 1 % en volume. O argón é o gas traza máis abundante de todos os que contén o aire, cunha concentración aproximada do 0,93 %. Tamén o son o helio, o ozono e os gases de efecto invernadoiro, entre outros.