quecemento global
Expresión de uso moi estendido na actualidade, que alude ao aumento experimentado pola temperatura media do aire na superficie terrestre durante a época instrumental (dende mediados do século xix ). Ese aumento débese principalmente ao incremento na concentración na atmosfera de gases de efecto invernadoiro, consecuencia, á súa vez, das emisións provocadas pola queima masiva de combustibles fósiles. En ocasións, a expresión úsase como sinónimo de cambio climático e de cambio global.
Termos relacionados: dióxido de carbono (CO2)