quecemento súbito estratosférico
Alteración significativa do vórtice polar estratosférico como consecuencia da intrusión dunha onda de Rossby desde a troposfera ata a estratosfera (de abaixo arriba) e a súa «rotura» na parte superior do vórtice polar, o que provoca o seu debilitamento. Como consecuencia diso, desprázase e/ou fragméntase, o que leva consigo un importante desaloxamento do aire frío cara a latitudes medias e un quecemento moi anómalo do aire situado na estratosfera polar. Para referirse a estes eventos na literatura científica emprégase a sigla SSW ( Sudden Stratospheric Warming ), e o seu equivalente en castelán CSE.