sensación térmica
Sensación de frío ou calor que experimenta unha persoa como consecuencia da exposición da súa pel ao aire, sendo maior ou menor en función de cal sexa a combinación da temperatura, o vento e a humidade relativa. A sensación de frío aumenta a medida que descende a temperatura do aire e se intensifica o vento, o que acelera a perda de calor do corpo humano. Existen distintos índices -obtidos a partir de fórmulas empíricas- que permiten estimar a denominada temperatura aparente ou de sensación. O máis usado é o que empregan os SMN dos EE UU e Canadá, coñecido como windchill . Existen táboas de cálculo que, para unha temperatura e velocidade do vento dadas, permiten obter a temperatura de sensación correspondente. A sensación de calor ou bochorno está principalmente modulada polo efecto combinado das altas temperaturas e o contido de humidade do aire. Cando a humidade relativa é elevada, sentimos unha temperatura maior que a do aire e comezamos a estar incómodos, ao ter dificultades para disipar a calor que xera internamente o noso corpo. Se a temperatura da nosa pel é menor de 32 ºC o vento diminúe a sensación de bochorno, pero se é maior auméntaa. Para determinar esta sensación térmica emprégase o chamado índice de calor (Heat Index). Do mesmo xeito que ocorre co windchill , hai confeccionadas táboas de cálculo.