sereno/a

En relación co ceo, sinónimo de claro ou despexado, sen nubes. Tamén se aplica ao tempo para indicar que está tranquilo, sen incidencias meteorolóxicas destacadas; en particular o que fai pola noite. É común identificalo coa humidade ambiental responsable do frescor nocturno (das noites serenas). «Estar á serena» ten o significado de estar de noite á intemperie.