cintos de Van Allen
Par de rexións da magnetosfera, situadas no plano do ecuador, nas que hai unha elevada concentración de partículas eléctricas moi enerxéticas, como resultado da interacción do vento solar e a radiación cósmica co campo magnético terrestre. Cada un deses cintos forma un toroide onde se confinan as citadas partículas, orbitando todas elas arredor da Terra. O cinto interior localízase a unha distancia de entre 1 e 2 raios terrestres, e o exterior entre 3 e 4. Chámanse así en honra a James A. Van Allen (1914-2006), o físico estadounidense que os descubriu.
Termos relacionados: magnetosfera