magnetosfera

Rexión que se estende desde a parte exterior (ionizada) da atmosfera cara ao espazo, rodeando toda a Terra e formando un escudo protector das cargas eléctricas altamente enerxéticas que constitúen o vento solar. O campo magnético terrestre desvía ese fluxo de partículas cara aos polos magnéticos, producíndose a interacción dun e outro a uns 100000 quilómetros da superficie terrestre enfrontada ao sol, na chamada magnetopausa. A magnetosfera non é exclusiva da Terra, xa que a teñen outros planetas do Sistema Solar tamén dotados dun campo magnético.

Termos relacionados: cintos de Van Allen