tormenta solar

Tamén coñecida por tormenta xeomagnética, recibe este nome a alteración temporal da magnetosfera terrestre, como consecuencia da onda de choque xerada por un súbito aumento do vento solar, tanto da densidade de partículas que despraza como da súa velocidade. Dita circunstancia ocorre cando no sol ten lugar unha gran exección de masa coronal (o que coloquialmente se coñece como unha labarada) e, ademais, apunta en dirección á Terra. A presión adicional que exerce ese vento solar perturbado provoca a deformación da magnetosfera, o que remata alterando o campo eléctrico na alta atmosfera. Eses cambios prodúcense en toda a Terra, aínda que é en latitudes altas de ambos os dous hemisferios onde adquiren unha maior magnitude, favorecendo a formación de auroras polares e provocando, ás veces, problemas nas telecomunicacións e nas redes de subministración eléctrica.

Termos relacionados: aurora polar, coroa (solar e lunar)

Tamén coñecido como: tormenta xeomagnética