coroa (solar e lunar)

Fenómeno óptico atmosférico debido á difracción da luz, consistente nun conxunto de aneis coloreados -raramente máis de tres- que rodean o disco solar ou lunar, dispostos concentricamente ao seu redor. A intensidade das cores é directamente proporcional á uniformidade do tamaño das pequenas pingas de auga nas que a luz se difracta, mentres que o radio da coroa é inversamente proporcional a devandito tamaño. A parte interior deste fotometeoro coñécese como aureola. Tamén recibe o nome de coroa solar a capa máis externa do sol, composta de plasma, a unha temperatura da orde do millón de graos Celsius.

Termos relacionados: tormenta solar