onda de calor

Destacado episodio de calor, como consecuencia da advección dunha masa de aire moi cálido (tropical ou subtropical) sobre unha vasta extensión de territorio, que se prolonga no tempo un mínimo de tres días, chegando nalgúns casos ata varias semanas de duración. Durante as ondas de calor máis duradeiras prodúcense unha serie de altibaixos na intensidade do calor. Non existe unha definición única e universal sobre os criterios que deben cumprirse para cualificar un episodio de calor como onda. Cada SMN establece a súa propia, baseándose para iso na superación de determinados limiares. Adoitan tomarse como referencia as temperaturas máximas alcanzadas durante os meses máis cálidos do ano. No contexto climático actual -marcado polo quecemento global-, as ondas de calor non quedan restrinxidas aos meses de verán (xuño, xullo e agosto), acontecendo tamén algunhas delas fóra do período estival.