metano (CH4)
Hidrocarburo gasoso presente na atmosfera. É o segundo gas traza que máis contribúe ao efecto invernadoiro na Terra, por detrás do vapor de auga. A súa orixe é tanto natural como antrópica. Prodúceo a descomposición de materia orgánica de orixe vexetal, xerándose en grandes cantidades nas lameiras e terreos pantanosos. Os animais ruminantes representan tamén unha importante fonte de emisión. Este gas incoloro e inflamable é o principal compoñente do gas natural, formando parte tamén do resto de combustibles fósiles.