arco da vella de lume
Expresión coloquial usada para describir o arco circunhorizontal. Este fotometeoro pertence á familia dos halos e consiste nun arco luminoso, similar a unha pequena fracción dun arco da vella, que aparece no ceo nun plano imaxinario paralelo ao horizonte, sempre e cando o sol estea abondo alto. Esta última condición impide a súa observación nas rexións polares, debido á pouca altura que alcanza alí o astro rei. A súa formación é consecuencia da refracción da luz ao atravesar cristais hexagonais de xeo contidos en nubes cirriformes, orientados de tal forma que a luz incida sobre as súas caras prismáticas laterais e emerxa polas bases horizontais. Dita circunstancia, pouco habitual, fai do arco da vella de lume un fotometeoro difícil de ver. Cando se produce, é moi rechamante, xa que provoca sobre un cirro un efecto parecido a unha lapa de vivas cores, de aí o seu nome.