arcus (arc)

Nube baixa e compacta, con forma de arco ou rolo horizontal, que xorde no bordo dianteiro dalgunhas tormentas, adosada á base do correspondente cumulonimbus . Escura e ameazante, na súa parte inferior os fortes refachos de vento reinantes (frente de refacho) desgarran literalmente a nube, formándose farrapos que dan a esa parte baixa unha aparencia esfiañada. O seu nome en latín é o que establece o Atlas Internacional de Nubes da OMM para o trazo suplementario descrito.