buraco de ozono

A expresión comezou a popularizarse a finais da década de 1980, a raíz da detección sobre a vertical da Antártida da destrución masiva de moléculas de ozono. O citado buraco é, en realidade, unha vasta rexión da ozonosfera na que a concentración de ozono é significativamente baixa, o que ocorre principalmente sobre o continente antártico na primavera austral (setembro-outubro-novembro). Dita perda estacional de ozono débese a unha combinación de factores naturais e antropoxénicos (CFC).