cachón

Esta palabra ten dúas acepcións relacionadas indirectamente coa Meteoroloxía. Por unha banda, así se chama a onda grande que rompe na beira do mar e esparexe unha gran cantidade de auga e escuma. Tamén recibe este nome o brazo de río que se enche durante as avenidas e barrancadas e que perfora a beira formando unha especie de canle.