espellismo

Ilusión óptica debida á desviación que sofren os raios de sol ao atravesar o tramo inferior de atmosfera, situado nas proximidades da superficie terrestre, cando hai nel un forte gradiente vertical de temperatura, o que modifica substancialmente os índices de refracción do aire. O fenómeno, tamén coñecido como espellismo -do latín speculum (espello)-, altera a nosa percepción visual dos obxectos afastados de nós, no horizonte. Fórmanse imaxes estables ou tremulantes deles, que, dependendo do tipo de espellismo, vemos deformadas, repetidas, invertidas ou desprazadas respecto á súa posición orixinal.

Termos relacionados: Fata Morgana