Fata Morgana

Caso particular de espellismo, no que a imaxe dos obxectos situados no horizonte, á parte de elevarse e aparecer invertida, se deforma tanto na horizontal como na vertical. É, por tanto, un espellismo múltiple, no que se combinan as características dos espellismos inferior e superior. O seu nome é unha expresión en italiano que significa «fada Morgana» e alude á irmandastra do rei Artur, quen, segundo a mitoloxía celta, tiña o poder de cambiar de forma. Tan curiosa expresión empezou a usarse no sur de Italia para describir este tipo de ilusión óptica que, con relativa frecuencia, se observa no estreito de Messina, na franxa de mar que separa Calabria de Sicilia. Hai referencias ao fenómeno desde a época clásica.

Termos relacionados: espellismo