milibar
Unidade de presión que equivale a 1000 barias. A baria (bar) é a unidade de presión no sistema cexesimal (CGS). Por definición, unha baria é igual á presión que exerce a forza dunha dina (1 dyn) sobre unha superficie dun centímetro cadrado (1 bar = 1 dyn/cm2 ). Unha baria é a millonésima parte dun bar, equivalente á súa vez á décima parte dun pascal (Pa), que é a unidade da presión no Sistema Internacional (SI). Do anterior dedúcese que un milibar (1 mb) é igual a un hectopascal (1 hPa) [cen pascais]. Esta equivalencia (1 mb = 1 hPa) implica que sexa indistinto expresar os valores das isóbaras dun mapa de superficie en milibares ou en hectopascais. A progresiva implantación do SI fronte ao CGS fai que cada vez se utilice máis o hectopascal que o milibar, caendo este último en progresivo desuso.
Termos relacionados: presión atmosférica, baria