baria
Unidade de presión no sistema cexesimal (CGS), equivalente á presión que exerce unha forza dunha dina sobre unha superficie dun centímetro cadrado (1 baria = 1 dyn/cm2 ). É igual á millonésima parte dun bar e á milésima parte dun milibar (mb) ou hectopascal (hPa).
Termos relacionados: milibar