microclima
Estado físico que, nun momento e lugar dados, presenta unha pequena capa atmosférica, pegada ao chan, que se estende desde a súa superficie até a altura en que deixa de detectarse a súa influencia. O concepto de microclima ten un carácter marcadamente local, a moi pequena escala, aínda que é habitual identificalo erroneamente co clima da zona en cuestión.