chinook

Vento preferentemente do suroeste, seco e recalentado debido ao efecto foehn, que sopra a sotavento das Montañas Rochosas (EE UU), na súa vertente oriental. A súa irrupción provoca unha suba significativa das temperaturas. Toma o seu nome das tribos indias que habitaban a rexión da costa do Pacífico do noroeste de EE UU, ao longo do curso do río Columbia, aínda que popularmente se lle coñece como o «devorador de neve» (snow eater).