chergui

Vento moi cálido e moi seco do leste e sueste, que sopra en Marrocos procedente do deserto do Sahara. Exprésase tamén como sharqi. Esta última palabra deriva do termo árabe šarquīa, que significa «vindo do leste». Equivalente ao siroco.

Termos relacionados: siroco