chispar
Coloquialmente, chover de forma débil e escasa. O seu uso está moi estendido e emprégase, a miúdo, cando comeza a chover e o que cae son unhas poucas pingas de pequeno calibre; o que vulgarmente se di «catro pingas». En sentido literal, significa caer ou chover chispas.