lavina
Alude de neve. Brusco desprendemento dunha grande cantidade de neve ladeira abaixo dunha montaña. Considérase como tal cando a cantidade de neve desprazada supera os 100 m3 e percorre unha distancia superior aos 50 metros. Con frecuencia, arrastra na súa caída rochas, terra e demais materiais que atopa no seu camiño. A lavina desprazas, ademais, unha grande cantidade de aire, o que dá lugar a un vento frío, intenso e con refachos, perceptible tanto por diante da masa descendente, como polos seus lados. As lavinas son un dos fenómenos máis perigosos nas áreas montañosas. Para anticipar a súa posible formación, aparte de seguir con detalle a evolución das condicións meteorolóxicas, lévanse a cabo catas na manta nivosa situada en zonas sensibles, efectuándose unha serie de medidas que permiten a elaboración de mapas de risco. Hai tres tipos principais de lavinas: as de neve po, as de placa e as de fusión ou neve húmida. A temperatura e o vento son os factores que máis contribúen a desestabilizar a manta de neve.