velocidade do vento
Variable meteorolóxica que se corresponde coa compoñente horizontal do desprazamento do aire nun lugar e instante dado. Coñecida tamén como intensidade do vento, mídese co anemómetro e o máis común é expresala en km/h, aínda que tamén se emprega o m/s (Sistema Internacional de Unidades) e o nó (na navegación marítima e aérea). A anterior definición correspóndese coa chamada «velocidade instantánea» que, en primeira aproximación, podemos identificar cunha racha. Nos observatorios mídense, á parte, valores da velocidade do vento correspondentes a un intervalo de tempo dado. Cada un deses datos representa unha «velocidade media», aínda que habitualmente non se especifica ese feito. Na maioría dos observatorios e estacións meteorolóxicas os datos da velocidade do vento adoitan ser diez minutais.