barba
Nome que recibe cada unha das pequenas liñas oblicuas que levan adosadas as frechas do vento trazadas nos mapas sinópticos, e que indican a velocidade do vento. As barbas aparecen debuxadas na parte traseira esquerda ou dereita da frecha, dependendo do hemisferio terrestre (norte ou sur) de que se trate. Cada barba equivale a 10 nós. Tamén se trazan raiñas máis curtas para representar 5 nós (media barba). Cando os ventos son moi intensos, como os que sopran nas correntes en chorro, debúxanse bandeirolas para simbolizar 50 nós; evítase desta forma que as frechas conteñan un número excesivo de barbas, facilitando a súa lectura. Á barba tamén se lle chama pluma.
Termos relacionados: velocidade do vento