siroco
Vento cálido do sueste, con orixe no deserto do Sáhara, asociado ás borrascas que discorren polo sur do Mediterráneo e o norte de África. O aire que inicialmente despraza o siroco, á parte de cálido, é seco e polvorento, aínda que no seu percorrido marítimo sobre as augas mediterráneas se vai cargando de humidade, converténdose nun vento moi húmido en Sicilia, Malta e ao sur da península itálica. Ten a súa orixe etimolóxica no vocábulo latino syriacus, que era o nome co que os antigos romanos chamaban ao vento do sueste, procedente de Siria para eles. A proximidade ao Sáhara do sueste peninsular fai que o siroco chegue ata alí como un vento cálido, seco e polvorento, que enturba moito o aire, dando lugar a calimas e reducindo notablemente a visibilidade.
Termos relacionados: chergui