sistema convectivo de mesoescala
Sistema tormentoso de grandes dimensións e cun alto grao de organización, formado por un conxunto de treboadas na súa parte dianteira que se autoalimentan e que achegan, á súa vez, grandes cantidades de vapor de auga á parte traseira do sistema, dominada por nubosidade de tipo estratiforme, onde se producen precipitacións moi intensas e eficientes. O seu ciclo de vida alcanza ata varias horas de duración (máis de 24 horas nalgúns casos), superando con creces o dunha treboada ordinaria. O tamaño dun SCM (sigla coa que se coñece en castelán) é tamén moi superior ao dunha célula tormentosa convencional, alcanzando na vertical o nivel da tropopausa e estendéndose na horizontal varios centos de quilómetros. Se o sistema alcanza determinado tamaño e presenta certas características, pasa a ser catalogado como un complexo convectivo de mesoescala.