escala Fahrenheit

Escala de temperatura proposta polo fabricante de instrumentos de vidro e físico holandés, nado en Polonia, Daniel Gabriel Fahrenheit (1686-1736) en 1724, na que os puntos de conxelación e ebulición da auga, en condicións normais, se corresponden cos valores 32 e 212 respectivamente, expresados ambos en graos Fahrenheit (ºF), que é a unidade nesta escala. Co fin de obter a temperatura en graos Celsius [t (ºC)] a partir do seu equivalente en Fahrenheit [t (ºF)], ou viceversa, hai que facer uso das seguintes fórmulas de conversión: t (ºC) = [t (ºF) – 32] / 1,8; t (ºF) = 1,8 · t (ºC) + 32. EE UU é un dos poucos países do mundo onde segue vixente o uso desta escala.

Termos relacionados: temperatura