predición por conxuntos

Trátase dun método de predición probabilística que integra un conxunto de simulacións levadas a cabo por un modelo meteorolóxico ou climático, cada unha das cales parte dunhas condicións iniciais lixeiramente diferentes. Procedendo desta maneira, pódese acoutar a incerteza inherente á evolución futura do sistema atmosférico, dada a súa natureza caótica. A diferenza do que ocorre cunha predición determinista, na que só se considera unha solución única como estado futuro de evolución do sistema, neste caso temos un conxunto deses estados, que se poden agrupar por similitude, asignando a cada grupo unha determinada probabilidade de ocorrencia. Se se consideran 50 simulacións e delas 40 evolucionan no tempo de maneira parecida, entón estaremos razoablemente seguros (probabilidade do 80 %) de que a evolución real do tempo atmosférico será parecida á que marquen eses 40 estados futuros similares.

Termos relacionados: ensemble