predición (meteorolóxica)
En Meteoroloxía, unha predición é unha declaración precisa do estado futuro da atmosfera nun lugar e momento dados, baseada nas leis físicas que explican o comportamento atmosférico. Hoxe en día, as predicións meteorolóxicas están baseadas nas saídas dos modelos numéricos de circulación xeral da atmosfera. A predición meteorolóxica baseada no método científico naceu na segunda metade do século xix , dando un salto cualitativo a mediados do xx , a partir da aparición dos ordenadores e a predición numérica do tempo. En función de cal sexa o horizonte de predición e a maneira de proceder para executar o prognóstico, establécese unha división en distintos tipos de predicións.