treboada seca
Treboada eléctrica con precipitación inapreciable ou nula. Este tipo de treboadas ocorren sobre todo en lugares de gran sequidade ambiental, cando o aire situado entre a base da nube de treboada e a superficie terrestre ten un baixo contido de humidade, de xeito que as cortinas de choiva ou sarabia se evaporan por completo antes de alcanzar o chan, ou como moito caen catro pingas, como vulgarmente se di.