treboada eléctrica
Fenómeno atmosférico que se desenvolve no seo dun cumulonimbo (nube de treboada), consistente nunha descarga eléctrica repentina, de gran intensidade, que se manifesta por dous electrometeoros: o lóstrego e o trono. A actividade eléctrica adoita vir acompañada de chuvascos de choiva, sarabia e -de forma máis ocasional- neve ou xeo granulado. Na fase inicial da treboada, previa á precipitación, xéranse fortes rachas de vento, provocadas polo impacto contra o chan do aire frío que os citados hidrometeoros arrastran cara abaixo, na súa caída no interior da nube.
Termos relacionados: culebriña