capa D

Rexión da atmosfera situada entre os 60 e os 90 km de altitude que só se manifesta de día e que constitúe a parte inferior da ionosfera. Por riba, solápase coa capa E ou de Heaviside. A capa D ten unha gran capacidade de absorción, atenuándose a radiación solar que a atravesa. É un eficaz escudo protector.

Termos relacionados: ionosfera