capa atmosférica

Cada unha das capas en que se divide a atmosfera para o seu estudo. O seu número é variable, en función do criterio utilizado. A división máis común é en cinco capas (de abaixo arriba: troposfera, estratosfera, mesosfera, termosfera e exosfera), atendendo á distribución vertical de temperatura. O número de capas redúcese a dúas no caso de que se teñan en conta as propiedades físico-químicas (ozonosfera e ionosfera) ou a composición (heterosfera e homosfera).