vaga de frío

Destacado episodio de frío debido á invasión dunha masa de aire de orixe polar ou ártica, a moi baixa temperatura (holgadamente por debaixo dos 0 ºC), que abarca unha extensa zona de territorio e que ten polo menos tres días de duración. Algunhas vagas de frío chegan a prolongarse varias semanas, durante as cales a intensidade do frío flutúa, alcanzándose varios picos nos que se acadan as temperaturas máis baixas. Do mesmo xeito que ocorre coas vagas de calor, non existe unha definición unificada de vaga de frío, sendo cada SMN o que establece os seus propios criterios e limiares. Normalmente, tómanse como referencia as temperaturas mínimas alcanzadas durante os meses máis fríos do ano, en base ao comportamento normal (climatolóxico) da temperatura no territorio en cuestión.